- Casado asegura que a lexislación básica española ten fórmulas sen necesidade de estado de alarma
O líder do Partido Popular, Pablo Casado, asegurou este luns nunha entrevista que non apoiará unha nova prórroga do estado de alarma neste caso, ata o 24 de maio, e que se votará este mércores no pleno do Congreso.
Casado asegura que a lexislación básica española ten fórmulas sen necesidade de estado de alarma e afirma que non se pode seguir utilizando esta figura para modificar leis orgánicas con normas ministeriais.
Pide a Sánchez que libere da “chantaxe inmoral” a parados e autónomos, xa que os “utiliza como reféns” no pago dos ERTE e medidas sociais. “Non poden estar vinculados ao estado de alarma”.
O líder do PP tamén considera un “insulto” que Sánchez non teña un plan B, e apunta que o seu plan pasa polo pago dos ERTE, liquidez ás empresas e autónomos, e protección sanitaria para os traballadores. Lembra que o PP presentou plans alternativos desde o 9 de marzo e explica que agora necesitamos con urxencia liquidez para as empresas, só chegou un 13%, e que as axudas dos ERTE cheguen aos afectados e un plan de competitividade.
A dirección xeral do partido estívose queixando estas últimas semanas da falta de comunicación entre o presidente do Goberno e o líder da oposición.