Casaquistán pide axuda á alianza militar que lidera Rusia


O presidente de Casaquistán pide axuda á alianza militar que encabeza Rusia para esmagar a revolta social que desatou a subida dos prezos do gas licuado. Mentres miles de persoas asaltaban e mesmo incendiaban edificios gobernamentais en cidades como Almaty, a antiga capital, Kasim- Yomart Tokáyev estendía o estado de emerxencia a todo o país e invocaba á Organización do Tratado de Seguridade Colectiva. Acto seguido dirixiuse á nación. O presidente kazako recoñeciu que hai mortos e feridos, pero sen dar cifras. As protestas estalaron tras o incremento dos prezos do gas licuado o pasado un de xaneiro e proseguiron a pesar da renuncia do Goberno e da revogación da subida. Os manifestantes esixen o fin do réxime do expresidente Nursultán Nazarbáyev, a quen acusa de seguir gobernando na sombra.