
Nestes momentos hai unha excelente acollida das iniciativas de compostaxe postas en marcha en Carballo, son case 1.500 as familias que participan na selección dos bio-residuos en orixe, ben a través do programa urbano “Ti tes a chave”, que supera xa as 1.000 vivendas e os 100 establecementos adheridos, ou ben a través do programa de compostaxe doméstica individual que funciona dende hai varios anos na zona rural e no que están implicadas 342 familias. Carballo, xunto coa Laracha, foi un dos concellos pioneiros na recollida selectiva da fracción orgánica tamén coa posta en marcha do programa “Ti tes a chave”, que segue recibindo adhesións e supera xa as 1.000 vivendas. As persoas interesadas poden achegarse de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, ao local de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34).