Miles de alumnos de 30 centros educativos da Coruña participaron na carreira anual “Correlingua”, un evento que reivindica a normalización lingüística entre os máis novos e cuxo lema este ano é “o galego é a fórmula”.
A carreira ecomezou ás 11.00 horas e o pelotón saíu desde o Palacio dos Deportes de Riazor, para posteriormente seguir polo paseo marítimo e chegar á meta, situada na Torre de Hércules, onde se celebrou unha festa co grupo Monoulious DOP.
Esta iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Correlingua, e contan coa axuda de CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Esta edición virou ao redor da ciencia, con motivo dos 150 anos da táboa periódica.
Alumnos no Correlingua. Fonte: facebook Normalización Concello da Coruña