Case 4.000 carballeses serán citados para un cribado que comezará este xoves

Centro de saúde de Carballo_Cedida

  • A rúa Gregorio Marañón estará pechada ao tráfico e utilizarase durante os catro días como zona de aparcamento exprés para as persoas citadas polo Sergas

Este xoves o Sergas iniciará un cribado na localidade de Carballo, onde case 4.000 persoas serán citadas vía SMS para realizar as PCR. A Policía Local e Protección Civil teñen preparado un dispositivo para facilitar o aparcamento e controlar os accesos ao centro médico, lugar onde se realizarán as probas ata este domingo.

En concreto, o Sergas fará un chamamento á 3.910 carballeses con idades comprendidas entre os 55 e os 65 para detectar asintomáticos. As probas realizaranse de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Segundo informou o concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Juan Seoane, durante estes catro días pecharase ao tráfico a rúa Gregorio Marañón, que se utilizará como zona de estacionamento exprés para as persoas convocadas para o cribado.

Este xoves o Sergas notificou 274 casos activos no concello de Carballo, dez menos ca onte.