Case 400 inmigrantes chegaron ás costas españolas durante a fin de semana


A maior parte deles proceden da África subsahariana e atracaron na súa maioría nas Illas Canarias. Dez persoas tiveron que ser trasladadas a centros hospitalarios para recibir asistencia médica. Entre eles, un neno que foi levado en estado grave a un hospital de Tenerife. Unha das embarcacións que chegaron ás costas de Canarias, transportaba 690 quilos de haxix. A Garda Civil sorprendeu aos seus ocupantes en Lanzarote tratando de desfacerse do cargamento. O resto de ocupantes dispersáronse pola zona, polo que a Garda Civil organizou un dispositivo de procura e localizou polo menos a dez persoas. Ás 338 persoas que chegaron a Canarias, hai que sumar os 59 migrantes que alcanzaron a costa de Andalucía este domingo. O aumento de chegadas creceu en 2020 un 757 por cento respecto a 2019 e estímase que as chegadas seguirán aumentando en 2021.