24
- Esta iniciativa está enmarcada dentro da programación deportiva e cultural proposta polo Concello
Arredor de medio cento de rapaces do municipio de Zas comezaron esta semana os cursos de natación de verán, que se impartirán durante os meses de xullo e agosto nas piscinas municipais. Os participantes están divididos en varios grupos en función da súa idade e do seu nivel e as clases realízanse en horario de mañá.
Esta iniciativa está enmarcada dentro da programación deportiva e cultural proposta polo Concello, con máis de 30 actividades para toda a familia. Consulta aquí o programa competo.