- O traballo realizado por estes efecitivos contribuíu a que fose a Barca «máis segura que se recorda»
A vila de Muxía celebrou a pasada fin de semana (do 10 ao 13) a romería da Virxe da Barca: un dos eventos relixiosos e festivos máis importantes da Costa da Morte, e mesmo de Galicia, no que este ano interviñeron arredor de 50 efectivos de Protección Civil para garantizar a máxima seguridade.
Os voluntarios e voluntarias chegados desde varios puntos da provincia controlaron en todo momento que se cumplira co estrito protocolo anticovid, sobre todo durante certas actuacións musicais e a procesión.
O gran labor realizado polos efectivos de Protección Civil contribuíu a que fose a Barca «máis segura que se recorda», destaca o presidente da asociación organizadora e coordinador dos voluntarios de Protección Civil de Muxía, Ramón Barrientos. «A Virxe da Barca é o emblema de Muxía, o noso buque insignia para poñer ao noso pobo no mapa. Estamos moi orgullosos de ter colaborado este ano na celebración e esperamos que a Virxe nos axude a saír desta situación e desta pandemia», concluíu.