- Operarios municipais e membros do goberno local serán os encargados de repartir este agasallo porta a porta
Un ano máis, os veciños de Muxía maiores de 80 anos recibirán a tradicional cesta de Nadal que reparte cada ano o Concello. Nos próximos días operarios municipais e membros do goberno local distribuirán ata 600 cestas porta a porta.
A través desta campaña, o Concello quere mostrar o seu apoio e acompañar a toda a poboación envellecida da localidade nestas «datas sinaladas que nos animan a permanecer unidos máis ca nunca». As cestas contarán con produtos típicos destas festas e irán acompañadas por unha nota de agradecemento da Alcaldía.