29
- As persoas empadroadas no municipio retomaron a actividade hai dúas semanas, mentres que o resto comezaron este venres
A Escola de Arte municipal do Concello de Ponteceso conta cun total de 86 persoas inscritas repartidas entre dous grupos de nenos que reciben clase os xoves pola tarde en Corme, e cinco grupos conformados por nenos e adultos que asisten os venres ao Edificio das Escolas de Ponteceso, tamén pola tarde, a varias clases onde priman a tranquilidade e a liberdade para crear.
Os empadroados no concello retomaron as súas clases hai dúas semanas, cando as restricións establecidas polo comité clínico da Xunta de Galicia o permitiron, mentres que as persoas residentes noutros municipios comezaron o pasado venres.