Case medio centenar de comercios coruñeses participan no programa “Tendas a exame en liña”

Presentación del programa "Tiendas a examen en línea"_Ayuntamientode A Coruña

  • A convocatoria, na súa nova versión, foi un éxito e as solicitudes case duplicaron as prazas dispoñibles

Na tarde deste pasado luns diferentes comercios coruñeses acudiron á presentación do programa “Tendas a exame en liña” no Centro de Empresas Accede Papagaio. Desde o goberno local sinalan que esta primeira convocatoria foi un éxito e as solicitudes case duplicaron as prazas dispoñibles.

A concelleira de Innovación, Industria e Emprego, Eva Acón, destacou que a pandemia puxo de manifesto a importancia de que o pequeno comercio se adapte ás novas tecnoloxías. “Con este programa respondemos a moitas peticións dos comerciantes que pediades un programa de consultoría sobre redes sociais, páxinas web, márketing en liña”, dixo.

Lembrou que o proceso de selección de establecementos levouse acabo de maneira que estivesen representadas todas as zonas da cidade e con produtos moi diversos, mesmo participan varios postos dos mercados municipais.

Durante a próxima semana unha persoa especializada visitará os comercios para analizar a situación de partida e, en función diso, levaranse a cabo o resto de consultorías en liña de e-commerce, márketing en liña, social selling e posicionamento SEO entre outras temáticas, buscando a que mellor encaixe cos diferentes negocios.