Case seis mil multas ao mes, son as que pon un radar en Santiago

Radar Conxo.

O aparello está ubicado en Conxo, na estrada que comunica co Milladoiro, á saída dun túnel. Desde o Concello afirman que a súa localización se debe simplemente a unha cuestión de seguridade viaria, aínda que os usuarios da vía contrastan que ten un acusado afán recadatorio, polo que piden a súa reubicación. Afirman que o aparello non se ve, e que o obxectivo é poñer cantas máis multas mellor. O radar empezou a funcionar en xullo do ano pasado nun tramo limitado a 50 quilómetros hora e nos tres primeiros meses sancionou a 17.000 condutores, a maioría dos cales ían a máis de 70 quilómetros por hora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha