Case un milleiro de participantes para cubrir 89 prazas de Policía Local en 24 concellos

1 minutes read

Case un milleiro de persoas participan este sábado no recinto feiral de Silleda nos primeiros exercicios do proceso selectivo de acceso a 89 prazas de Policía Local convocadas por 24 concellos de xeito centralizado a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

O exercicio consistirá nunha proba de avaliación de coñecementos tipo test de 120 minutos con 100 preguntas e catro respostas alternativas propostas polo tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, das cales só unha é correcto. O tribunal acordou incluír no cuestionario, un total de 10 preguntas de reserva, que no suposto que se anule algunha das cuestións da proba de coñecementos, teranse en conta e puntuaranse igual que as do resto do exercicio. A proba terá unha duración de 120 minutos, e non se concederá tempo a maiores.

As cuestións están relacionadas cos 40 temas que compoñen o contido teórico de acceso. Entre eles figuran dereito constitucional e penal, policía administrativa, tráfico e seguridade viaria, así como deontoloxía policial, violencia de xénero e dereitos humanos.

Dos 24 municipios que ofertan 89 prazas a través desta convocatoria, a meirande parte son da provincia da Coruña, con A Coruña, Ames, Bergondo, Betanzos, Carballo, Ferrol, Muxía, Narón, Noia, Padrón e Porto do Son. Da provincia de Pontevedra figuran prazas nos municipios de Baiona, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Marín, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa. A todos estes súmase o de Lugo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?