Casillas retírase e pasa a formar parte da directiva do Oporto

1 minutes read

O porteiro español Iker Casillas anunciou que pon fin á súa carreira profesional e que formará parte do staff directivo do O Porto, decisión que tomou tras o infarto de miocardio que sufriu durante un adestramento co club portugués o pasado 1 de maio. Segundo anunciou este luns no club nun comunicado, o porteiro, que ten contrato ata xuño de 2020 co Oporto, será o intermediario entre xogadores, adestrador e dirección deportiva, «podendo ser ampliada a súa actuación a outras funcións dentro do club». Esta decisión supón a retirada do fútbol en activo de Iker Casillas, que, aos seus 38 anos, ten no seu haber un Mundial e duas Eurocopas como capitán da selección española ou tres Ligas de Campións e cinco Ligas co Real Madrid. Retírase cando se van a cumprir 20 anos do seu debut como titular co primeiro equipo do Real Madrid, o 12 de setembro de 1999, fronte ao Athletic Club, en San Mamés.