- Tanto o PP como o PSOE saen reforzados con dous escanos máis cada un deles, mentras Unidas Podemos e Sumar desaparecen das Cortes de Castela e León.
Castela e León elixíu este domingo aos 82 procuradores que ocuparán os escanos nas Cortes autonómicas, un máis que nas pasadas eleccións. Máis de dous millóns de electores estaban chamados ás urnas, que pecharon ás 20.00 horas. Co 100% escrutado, o PP gaña as eleccións e lidera o reconto con 33 escanos, o PSOE sobe dous ata 29 e Vox queda en 14 escanos ao sumar un. O partido gañador tería que lograr a maioría absoluta de 42 escanos para gobernar sen apoios, aínda que o resultado preliminar augura que serán necesarios os pactos. A deste domingo foi a terceira cita do presente ciclo electoral tras os comicios adiantados en Estremadura e Aragón.
Unión del Pueblo Leonés con tres asentos mantén o mesmo resultado que nas últimas eleccións. Ao igual que o partido Por Ávila, de Pedro Pascual, que quedaría co escano que xa ten. Tamén cun procurador continúa no parlamento autonómico Soria Ya. No seu caso perde dous representantes. Os comicios lense en clave nacional. Ferraz ve como o PSOE deixou de caer nestes comicios tras as desfeitas de Estremadura e Aragón. Pero os seus socios parlamentarios: IU-Sumar e Podemos, desaparecen das Cortes de Castela e León.