O presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pediu aos cidadáns de Castela e León non “resignarse” cun PP que leva gobernando na Junta case 35 anos e ao que vinculou á corrupción. Por iso, pediu “a todos os votantes progresistas” que o próximo 13 de febreiro, nas eleccións autonómicas, enchan a urnas “de cambio e esperanza” coa “única papeleta” que os garante: “A de Luís Tudanca e o PSOE”. Sánchez acompañou ao candidato socialista nun acto de campaña en Zamora.
Pola súa banda, o presidente do Partido Popular (PP), Pablo Casado, advertiu este sábado que denunciará ao xefe do Executivo e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, ante a Xunta Electoral por «anunciar cuestións de Goberno» nese mitin de campaña en Zamora, e reclamoulle que deixe de «politizar o orzamento dos españois» e «de maquillar as cifras».