Castela e León permanecerá pechada ata maio

O presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, anunciou novas medidas restritivas ante o avance do coronavirus que inclúen que a comunidade permanecerá cerrada mentres se manteña o estado de alarma e limitacións, desde este domingo e durante 14 días, na hostalería das provincias de Ávila, Segovia e Palencia.

Deste xeito, a partir do día 10, os locais en interior destas tres provincias deberán estar pechados, excepto para servizo a domicilio ou en terrazas -non se inclúen as peixeiras-, do mesmo xeito que as grandes superficies comerciais, instalacións deportivas e salas de apostas e bingos, que estarán clausuradas durante as próximas dúas semanas.

Toda a Comunidade manterase en peche perimetral o que resta de estado de alarma, ata o 9 de maio, data ata a que se rexerá tamén o toque de queda entre as 22 horas e as 6 da mañá, e as reunións de ata seis persoas como máximo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha