- O proxecto, que contaba cun investimento de 210.056 euros, incluíu tamén a instalación da canalización para a futura rede de abastecemento de auga
O lugar de Castrillón, na parroquia de Lema, vén de sumarse aos núcleos rurais singulares do concello de Carballo que contan con todo o viario pavimentado con cemento. O alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros Luis Lamas e Marcos Trigo, puideron comprobar a importante transformación que supuxo a execución do proxecto, realizado pola empresa Vázquez y Reino cun investimento de 210.056 euros, e que incluíu tamén a instalación da canalización para a futura conexión á rede de abastecemento de auga a Lema.
Coa intención de continuar con este tipo de actuacións, o concello de Carballo, dentro do Plan Complementario 2020, incluírá o proxecto de conservación e mellora de rúas no núcleo rural tradicional de Os Vilares (Sísamo), cun orzamento de 229.249,03 euros. Ademais, con cargo ao superávit do ano 2018, acometerán os proxectos de conservación e mellora de pavimentos en varios lugares de Rus, Artes e Oza, por 315.474,89 euros.