Cataluña pecha bares e restaurantes ata fin de mes

PIXABAY

A pandemia de coronavirus está nunha fase de forte expansión en Cataluña. As voces dos expertos sanitarios son claras respecto diso e así o expresan: as próximas dúas semanas son clave para evitar un segundo confinamento domiciliario. Hai que reducir ao máximo a interacción social. Cataluña, cun risco de contaxio “extremadamente alto”, aprobou o peche de bares e restaurantes durante 15 días, reducir o aforo dos centros comerciais ao 30% e o dos ximnasios ao 50%. A patronal do sector de hostalería di que recorrerá as restricións ante o TSJC.