Cataluña reconfínase para frear o avance da pandemia

Cataluña reconfínase durante polo menos dez días. É a primeira rexión española en dar o paso, polo repunte dos contaxios e ante o temor a unha terceira onda da COVID-19, tras o Nadal. A partir deste xoves, queda restrinxida a mobilidade entre municipios, que se limita aos traslados por motivos laborais e educativos. Pechan os centros comerciais e entre semana só poderán abrir os establecementos de ata 400 metros cadrados. As fins de semana poderán abrir os comercios esenciais, como tendas de alimentación ou farmacias. Prohíbense as actividades deportivas en espazos pechados. Bares e restaurantes limitan o seu aforo a un 30% no interior. As terrazas poden abrir completamente. As escolas si abrirán o vindeiro luns 11, tal e como estaba previsto, pero suspéndense as actividades extraescolares.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha