Cataluña teme o desbordamento das UCI

UCI HM DELFOS_Cedida

A directora do Servizo Catalán de Saúde afirmou que se reaccionou tarde á quinta vaga e auguran que a finais de xullo os pacientes críticos por coronavirus sexan entre 400 e 500, fronte os 297 que hai hoxe nas UCI. As Unidades de Coidados Intensivos dos hospitais cataláns continúan enchéndose de pacientes con covid, e ademais, lembrou que parte do persoal sanitario está de vacacións polo que co incremento de casos o sistema sanitario está cada vez máis tensionado. Polo que temen que as UCI poidan desbordarse en Cataluña en tan só dez días.