Cataluña xera discrepancias no Pleno de Pontevedra

A situación en Cataluña chegou discrepancias ao pleno municipal de Pontevedra, onde unha moción do PP orixinou unha tirapuxa entre os partidos. Os populares presentaron unha moción de apoio ás forzas de seguridade que están facendo fronte ás protestas. BNG e PSOE cualificaron a iniciativa de electoralista. O voceiro popular acusou o Bloque de conivencia con Torra e de querer trasladar o problema catalán a Galicia, e a voceira nacionalista respondeu que sempre rexeitaron calquera tipo de violencia. Finalmente, os partidos do Goberno municipal votaron divididos. O PSOE apoiou a moción, e o BNG votou en contra. A portavoz nacional do BNG di que o PP busca desviar a atención con iniciativas como estas. Asegura que o Bloque está centrado en Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha