Catro mozos de nacionalidade alemá foron detidos este xoves no aeroporto de Palma tras a violación dunha turista xermana de 19 anos na localidade turística de Cala Ratjada, no municipio mallorquino de Capdepera. A violación tivo lugar esta pasada madrugada e sobre as sete da mañá foron arrestados os catro turistas no aeroporto de Son Sant Joan cando se dispoñían a regresar ao seu país.
Os investigadores confirmaron que ao parecer dous dos detidos participaron activamente na violación, mentres que un deles xa quedou en liberdade e outro poderia quedar en breve, unha vez que se confirme que non estaba na habitación do hotel onde a moza foi agredida sexualmente. As fontes consultadas sinalaron que non se efectuou ningunha gravación deste delito con teléfonos móbiles. Os detidos están en dependencias da Garda Civil de Artá e pasarán a disposición xudicial en Manacor.