11
Efectivos da Garda Civil chegaban este martes á zona de Corcubión para investigar o suposto uso de dinamita por parte dalgúns mariñeiros do lugar para a pesca de sardiña, unha práctica que é ilegal. Por elo, levouse a cabo un gran operativo da Benemérita no propio porto de Corcubión, con máis de 20 axentes de paisano e tamén uniformados, e que segundo transcendeu inspecionaron unha pequena embarcación con base en Camariñas e houbo catro persoas detidas.