44
Na operación, bautizada como «Vieira-Arena Negra», os axentes da Policía Nacional incautáronse de dous quilogramos de cocaína e preto de 1,4 millóns de euros en efectivo na vivenda dun dos detidos, que, segundo di a Policía nun comunicado, «evidencia a capacidade operativa da organización criminal desarticulada». Dos catro detidos, dous son residentes en Marín e outros dous en Vilagarcía de Arousa. Os catro foron arrestados cando viaxaban en dous vehículos diferentes, o primeiro deles ocupado por unha muller que facía «funcións de ‘lanzadeira’, alertando da eventual presenza policial na estrada». O Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa decretou o ingreso en prisión das catro persoas detidas.
