50
Trátase de catro persoas procedentes de Madrid e que viñeron a Boiro a veranear. Os catro pertencen á mesma familia e de momento as probas non detectaron máis contactos afectados pola Covid. Todos presentan síntomas leves e permanecen illados baixo seguimento médico na vivenda na que están aloxados.
Ante este brote, desde o concello reactivaron a comisión de seguimento da Covid, lembran a importancia de non baixar a garda e seguir cumprindo coas normas de protección e hixiene.