Catro feridos en Sada tras chocar co seu vehículo contra un coche aparcado

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

En total, no turismo que colidiu contra o que estaba estacionado viaxaban cinco persoas  e catro resultaron feridas. Segundo o relato dos membros  dos servizos de emerxencias desprazados ao punto, dos catro feridos, tres mulleres  tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios ata o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Con todo, o seu estado non parecía revestir gravidade.

Persoal sanitario informaba ao 112 Galicia de cinco persoas feridas por mor dun choque dun vehículo contra outro que estaba aparcado na AC-163, en Veigue, na localidade coruñesa de Sada. Indicaban que dúas ambulancias se dirixían ao punto.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e da Policía Local. Igualmente, foron informados os Bombeiros de Betanzos e os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao lugar, comprobouse que ningún dos feridos precisaba ser liberado do interior do turismo,  polo que, descartouse a intervención dos profesionais de excarceración. Pese a que,  foi necesario o traslado das tres mulleres feridas, o condutor do turismo continuou o seu destino.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha