Catro feridos nun accidente en Cances, Carballo

Ambulancia en el PAC de Carballo.

Catro persoas resultaron feridas de diferente consideración ás 8 da tarde deste mércores na parroquia carballesa de Cances. Os catro feridos eran ocupantes dun turismo que se precipitou por un terraplén con cinco persoas no interior. O 112 mobilizou ao momento aos servizos de emerxencia para atender aos feridos e tamén á Garda Civil de Tráfico. Ademais en Malpica produciuse outro sinistro ás 18:30 horas, unha persoa resultou ferida por unha saída de vía no lugar de Ponteberron, posiblemente a causa do xeo na calzada.