32
Preto das 9 da noite deste martes o 112 Emerxencias Galicia alertaba dun accidente de circulación entre dous vehículos no Cruce de Serantes, en Muxía. Ata o punto se desprazou o equipo de garda da AVPC de Muxía con vehículo BUL, e así mesmo o 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros Costa da Morte e ao 061 Urxencias Sanitarias de Galicia. Como consecuencia dos feitos resultaron feridas catro persoas, dous ocupantes de cada vehículo.
Todos foron atendidos no lugar do sinistro por persoal do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia e unha vez estabilizados foron evacuados ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para a súa avaliación. A Garda Civil de Tráfico que acudiu ao punto investiga as causas do accidente.