Catro feridos nunha colisión múltiple en Culleredo

Concello de Culleredo.

Unha colisión entre tres coches en Culleredo saldouse con catro persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario. O accidente produciuse na N-550 ao seu paso pola parroquia de Rutis. Un dos coches implicados ía en dirección Santiago e o outro baixaba cara á Coruña. O impacto entre ambos provocou danos a un terceiro, e dous dos vehículos tiveron que ser retirados con guindastre, segundo informan fontes municipais.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico. Tamén, o persoal do 112 Galicia informou dos feitos aos Bombeiros de Arteixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha