Catro feridos nunha colisión múltiple na AP9 en Vigo

1 minutes read

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a catro persoas feridas de diversa consideración como consecuencia dun choque por alcance con sete vehículos implicados na AP9, en Vigo. Segundo a información recollida no 112 Galicia, a colisión produciuse ás 11:30 horas deste martes cando os vehículos circulaban pola Autoestrada do Atlántico ao paso pola parroquia de Cabral, preto do aeroporto vigués.

Varios condutores contactaron co teléfono único de emerxencias para solicitar asistencia médica para os posibles feridos. En total, catro persoas necesitaron asistencia médica e foron evacuadas con lesións de diversa consideración ao Sanatorio Concheiro. Da atención dos feridos ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como do tráfico, os axentes da Garda Civil. Tamén foi informada a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da cidade.