20 falecidos, últimos datos da pandemia en Galicia

1 minutes read

Un home de 81 anos, que estaba ingresado no Hospital Lucus Augusti faleceu este luns e outro de 69 que estaba hospitalizado no CHUF con patoloxías previas. A media tarde deste domingo falecía en Ourense unha muller de 90 anos, con patoloxías previas, e hospitalizada días atrás. Horas máis tarde morría unha muller de 92 anos que estaba ingresada no Hospital de Ferrol.

A primeira hora da tarde do domingo falecera un varón de 72 anos, que estaba ingresado no hospital Quironsalud Miguel Domínguez en Pontevedra. Fora diagnosticado de coronavirus e tiña patoloxías previas.

Tamén se soubo da morte doutras dúas mulleres: en Santiago faleceu unha muller de 84 anos, ingresada no CHUS e que tiña múltiples patoloxías previas. En Ferrol, a paciente tiña 77 anos e estaba ingresada no hosptial Juan Cardona con múltiples patoloxías previas e fora diagnosticada de infección por coronavirus. A pandemia do covid-19 causou ata o de agora 20 mortes na comunidade.