Catro novos ‘Corazóns Solidarios’ en Malpica para coidar do medio ambiente

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, xunto a un dos contedores de 'Corazones Solidarios'_Cedida

  • Ao longo do termo municipal xa hai instalados varios contedores con forma de corazón

O Concello de Malpica, a través das concellarías de Medio Ambiente e Servizos Sociais, continúa apostando por un modelo híbrido no coidado do medio ambiente apostando ademais polo impulso ás axudas sociais. Deste xeito, instaláronse catro novos colectores baixo a denominación de Corazóns Solidarios, que funcionarán como recollida de tapóns de plástico e lle darán tamén outro aspecto ás rúas malpicás.

Ao longo do termo municipal xa se instalaran varios contedores: diante do Centro Cívico, ao carón da parada de taxis, na entrada do CEIP Xoaquín Rodríguez Otero e no parque García Alén, de Buño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha