Os obradoiros en Outes, Porto do Son, Ribeira e Rianxo formarán a 71 alumnos

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acto de apertura do obradoiro xuvenil de Ribeira,. En total, formaranse a 15 alumnos en operacións básicas de Cociña que contou cunha achega da Xunta de máis de 346.000 euros. Na comarca de Barbanza está prevista a realización de catro obradoiros dous ordinarios duais e dous de garantía xuvenil, concretamente os ordinarios celebrarase en Serra de Outes compartido con Lousame e Noia e en Porto do Son compartido con Ribeira e os de Garantía Xuvenil nos concellos de Ribeira e Rianxo, cunha achega autonómica de máis 1,4 millóns de uros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes.