Catro persoas feridas ao colisionar dous coches en Coristanco

1 minutes read

As catro persoas accidentadas foron trasladadas polos servizos sanitarios ao hospital. O accidente produciuse na DP-2904, nas proximidades da Rabadeira. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia, minutos antes das 16:00 horas deste domingo, para alertar dos feitos. Segundo indicaba, había persoas atrapadas.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ao lugar do accidente. Ademais, os xestores do 112 Galicia solicitaron a actuación dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Coristanco e da Garda Civil de Tráfico.

Segundo confirmaron ao 112 Galicia os Bombeiros de Bergantiños, malia que ningunha persoa necesitou ser excarcerada, os servizos de emerxencia forzaron unha porta dun dos vehículos implicados para poder sacar con facilidade a dúas persoas.

Accidente en Carballo

Noutro accidente ocorrido na madrugada deste domingo en Carballo, nunha intersección da rúa Muíño, unha persoa tamén resultou ferida, ademais de producirse numerosos danos materiais en dous turismos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?