O suceso tivo lugar no punto quilómetro 22 da PO-550. Ao parecer o microbús perdeu o control nunha curva e caeu nunha zona de rochas quedando nunha posición inestable. Segundo informou o 112, dúas persoas quedaron atrapadas e tiveron que ser excarceradas, a condutora e unha pasaxeira, e outros dous ocupantes fóra. Unha pedra freou o avance do vehículo que de caer fóra dese lugar as consecuencias serían máis graves. As catro persoas que viaxaban no vehículo, tres pasaxeiras máis a condutora, resultaron feridas de diferente consideración, pero as súas vidas non corren perigo. Ata o lugar acudiron varias ambulancias para trasladar ás vítimas a hospitais de Vigo. Garda Civil de Tráfico e Baiona, Bombeiros do GES do Porriño, GES do Val Miñor e Policía Local de Baiona tamén foron ata o lugar do sinistro. O accidente está sendo investigado polo destacamento de Tráfico do Porriño.