Os catro feridos evolucionan favorablemente e xa foron dados de alta. O can, de raza mastin, pertence a familia atacada, dúas irmás, o noivo dunha delas e unha veciña. O can foi trasladado á canceira municipal da Rua onde permanecerá illado, de forma preventiva, uns quince as días. Despois, un xuíz decidirá o seu destino. Aparentemente, unha cadela en celo foi o detonante da agresión. O can reaccionou de maneira agresiva e atacou as vìtimas cando se dispoñían a atala.
A nova
Catro persoas tiveron que ser trasladadas na tarde deste domingo, unha delas en helicóptero, ao sufrir o ataque do seu propio can no concello ourensán do Bolo.
Ás 14:00 horas, os xestores do 112 Galicia recibiron unha chamada na que se solicitaba axuda para un grupo de persoas que sufriron diversas mordeduras dun can na parroquia de Santa María de Valdanta. Segundo a información recibida no 112, o alertante tivo que esconderse do animal para poder realizar a chamada de alerta.
Debido á gravidade das lesións, os servizos sanitarios mobilizaron a aeronave medicalizada con base en Ourense para trasladar a un dos feridos. En total, foron catro as persoas evacuadas, tres en ambulancia ao Hospital de Valdeorras e unha en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, alertouse á Garda Civil, ao GES de Valdeorras e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.