Tres feridos en accidentes na Laracha e Cabana


O 112 Emerxencias Galicia tivo coñecemento de dous sinistros ocorridos durante a xornada deste luns na comarca de Bergantiños. Os servizos sanitarios atenderon a dúas persoas en Cabovilaño, na Laracha, mentres que os operarios de mantemento das estradas se encargaron de despexar a vía tras a colisión de tres vehículos no quilómetro 24 da AC-552. Eran os axentes da Policía Local os que, pasadas as 12:30 horas deste luns confirmaban que os servizos sanitarios tiveran que atender no punto do accidente a estas dúas persoas que resultaran feridas. En Cabana tamén se produciu unha saída da vía dun turismo no lugar de Rebordelo. Os servizos médicos desprazados ao lugar tiveron que atender a un dos ocupantes do vehículo, que resultou ferido.