Catro persoas feridas, entre elas un menor, nun accidente en Bergondo

Imaxe da DP-0812 _Google Maps

  • O accidente produciuse este pasado martes, arredor das 20:30 horas, en Lubre

Catro persoas resultaron feridas, entre elas un menor, despois de producirse un accidente entre dous turismos que circulaban pola DP-0812, concretamente á altura do cruceiro de Obra de Paño, en Lubre, no concello coruñés de Bergondo.

O suceso ocorreu ao fío das 20:30 horas deste martes e foi unha persoa particular a que alertaba ao 112 Galicia dun golpe moi forte no cruce do Cruceiro.

No operativo particparon os axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade e de Sada.

Debido ao forte impacto e aos danos causados, foron necesarios os medios sanitarios para atender a unha persoa ferida así coma medios para a limpeza da vía.