Catro persoas feridas nun accidente entre dous coches no cruce de Berdeogas

1 minutes read

En Dumbría, catro persoas precisaron ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia despois de ter lugar unha colisión entre dous turismos na AC-552, concretamente no punto quilométrico 78. Unha persoa particular daba conta do accidente ao 112 Galicia e Indicaba no seu relato que as persoas implicadas no sinistro puideran saír dos vehículos polo seu propio pé. A partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, ao servizo de mantemento da estrada e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Dumbría. Tras ser evacuados os feridos polos medios sanitarios, os bombeiros de Cee procederon a limpar a vía dos restos do accidente, xunto con conservación de estradas, para restablecer a normal circulación.