Catro persoas feridas nun accidente múltiple en Vigo

Imagen de una ambulancia del 061

  • O accidente produciuse sobre as 09:30 horas na rotonda do Álvaro Cunqueiro

Un accidente con polo menos catro turismos implicados, deixou na mañá deste luns un total de catro persoas feridas.

Sobre as 09:30 horas, unha persoa particular alertou ao 112 Galicia dunha colisión múltiple por alcance, na rotonda do Álvaro Cunqueiro, na VG-20.

Os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron que catro persoas, aínda que non parecían revestir gravidade, resultaran feridas.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e o persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha