Catro persoas feridas, unha excarcerada, como consecuencia dunha colisión frontal en Arteixo

Excarceracion bombeiros_arquivo.

Un accidente na AC-552, á altura do punto quilométrico 9, rematou con catro persoas feridas en Arteixo. Unha delas tivo que ser liberada polos Bombeiros.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia para informar dunha colisión frontal entre dous turismos no cruce entre a Avenida de Finisterre e a costa de María Pita. Segundo os alertadores, un dos vehículos estaba estacionado no momento dos feitos e había a posibilidade de que algún dos ocupantes estivera atrapado.

Deste xeito, os xestores do 112 pasaron aviso aos servizos sanitarios de urxencia, aos bombeiros e aos axentes da Policía Local.

Nada máis rematar a intervención, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento de Arteixo informaron que as catro persoas feridas viaxaban no mesmo turismo e que fora necesario liberar a unha delas. Finalmente, os profesionais sanitarios confirmaron que todos foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.

Desde o 112 tamén pasouse aviso aos membros de Protección Civil da localidade e á Axencia Galega de Infraestruturas.