Catro premiados na zona nos “Días Azuis” do comercio galego

Presentación Días Azuis. Foto.- Xoán Crespo

Finalizou a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e que contou coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia.

Durante a campaña, os clientes que mercasen nos establecementos minoristas podían participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros. Para participar había que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que fixese o rexistro.

Entre os sete premiados con 300 euros na provincia da Coruña están Javier Couto, de Baio, e Estrella Rey de Vimianzo. E entre os 13 premiados con 150 euros figuran, Mercedes Gómez de Carballo e Marilúz Varela de Ponteceso. As compras na comarca realizáronse en Parafarmacia Horizonte (Baio), Calzados Yolanda y Daniel (Vimianzo), Herboristería Aloe (Carballo) e Textil Fogar Sandra (Ponteceso).