24
O concurso de disfraces e comparsas do Concello de Malpica repartiu este domingo catro premios e moitos máis agasallos na Praza Anselmo Villar Amigo:
- Mellor disfrace infantil: artistas de Malante. Levaron un recoñecemento especial e todos participantes recibiron un agasallo.
- Entre os adultos triunfaron Pijas de Malpica e Mordomo, no primeiro posto (200 euros); Tito de Antaño María Castaña, na segunda posición (120 euros), e pechou o certame Sheriff Bill, co terceiro premio (80 euros). Todos os obsequios son vales para mercar nos establecementos da localidade.
Dende a Concellaría de Cultura déronlle os parabéns a todos e a todas que se animaron a facer vivir un fantástico domingo de entroido. A festa continúa con máis actividades.