Catro traballadores do cárcere da Lama illados por covid-19


Dous dos funcionarios son asintomáticos, mentres que os outros dous teñen síntomas leves da enfermidade, aínda que todos eles se recuperan nos seus respectivos domicilios. Os catro positivos detectáronse tras o rastrexo dos contactos dunha traballadora do centro, á que lle facían unha PCR polo positivo dun familiar co que mantivera un contacto estreito. Tras detectarse os primeiros casos, activouse un rastrexo interno dentro do cárcere para descartar que se produciron máis contaxios. Os catro positivos chegan, ademais, despois de que a semana pasada se rexistrase o primeiro caso de coronavirus entre os reclusos da Lama. Trátase dun interno que deu positivo nunha PCR que se fixo de maneira protocolaria cando se lle ía a cambiar de centro, dado que se mostraba asintomático.