Coa organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade de Cazadores San Vicente de Vimianzo desputábase esta fase final baixo unha intermitente choiva que non impediu a visualización de fermosos lances cinexéticos. Os participantes repartíronse en 5 campos: tres campos para Homes, un para Donas e outro para Levantadores. O intenso barrage final de Homes foi desputado polos dous mellores de cada campo, nesta ocasión foron: Juan Carlos Arteche, Corsino Valero, Jose María Carnota, Roberto Dopico, Eloy Rodríguez e Jaime Aneiros.
Na categoría Homes o cazador Juan Carlos Arteche Castillo coa femia de pointer “Chula” obtiña a mellor puntuación, 74 puntos, e acadaba o título de campión autonómico da especialidade. Corsino Valero Villar tamén ca femia de pointer “Mia” era o subcampión con 70 puntos, namentres que Jose María Carnota Ríos co setter macho de nome “Bren” obtiña o bronce con 67 puntos.
Na categoría de Levantadores o primeiro posto e campión era para Eloy Rodríguez Rego co springer spaniel “Farelo” e 52 puntos. O segundo posto era para Juan José Canosa Vigo con “Tyson” que acadaba 47 puntos. E xa o bronce era para Saturnino Vidal Pereira con “Coco”” e 42 puntos.
A cazadora Nicolasa González Carredoguas co macho de setter “Gudel” era, con 56 puntos, a flamante campiona na categoría de Donas. A prata era para Nuria Varela Painceiras co pointer “Perseo da Xeara” e 33 puntos. Lidia Almeida de Oliveira acompañada do macho de setter inglés “Dilan” acadaba o terceiro posto da clasificación con 28 puntos.
Neste Autonómico de San Huberto tamén se deu a coñecer o Campión da Copa Galicia da especialidade. Nesta ocasión resultou gañador Juan José Canosa Vigo co pointer “Nike da Chousa” que recibía a placa de campión e un pase directo para o Campionato Nacional da especialidade.