O Concello de Cedeira investirá case 80 mil euros dos fondos adicionais do Plan Único en dous proxectos de mellora da eficiencia enerxética do municipio: a renovación do alumeado público da avenida Castelao e o subministro de lámpadas LED, que substituirán ás actuais luminarias de vapor de sodio en dez rúas do municipio. Os dous proxectos están en fase de licitación ata o 21 de xullo na Plataforma de Contratación do Estado.
O proxecto da avenida Castelao suporá substituír todas as luminarias VSAP que se atopan en mal estado por novas luminarias LED, o que reducirá máis da metade o consumo eléctrico actual, ademais de diminuír a emisión de dióxido de carbono e a contaminación lumínica. Tamén se inclúe a renovación dos cadros eléctricos existentes e a instalación de novos limitadores de sobretensión.
Tamén se renovarán as luminarias das rúas Nosa Señora do Mar, Regueiro, Salinas, Hórreo, Somozas, Silva, Gaias da Area e no paseo entre a rúa López Cordón e Río da Veiga, así coma as da avenida Zumalacarreg.
Ademáis de reducir de forma notable o consumo e a factura eléctrica do Concello de Cedeira, o novo alumeado mellorará a calidade lumínica e terá máis vida útil e mellor rendemento.