Cedeira sae á rúa para reclamar a restitución do servizo pediátrico

0 minutes read

A plataforma denominada «En Cedeira pediatra xa!» convocou unha manifestación que durante a mañá deste domingo percorreu as rúas da vila a berro de: «Pediatra xa en Cedeira»; un lema para «reclamar o que é dos veciños», asegura o colectivo. Cedeira súmase así ás recentes reivindicacións doutros pobos de Ferrolterra, Ortegal, A Mariña ou da Costa da Morte. Denuncian que a Verín arranxáronlle o problema tras as protestas, deixando Cee sen pediatra.