Cee | 103 autónomos e microempresas reciben axudas do PEL-Reactiva

1 minutes read

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) ven de publicar a resolución provisional das axudas do plan PEL-Reactiva ao Concello de Cee, creado pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos para axudar a paliar as consecuencias da crise do Covid-19 entre autónomos e microempresas, e que beneficiará a un total de 103 empresas do municipio, boa parte delas do sector da hostalaría e pequeno comercio, cun importe total de 186.500 euros.

Os adxudicatarios deste plan de axudas recibirán entre 1.500 e 3.000 euros segundo a puntuación concedida. Agora, tal e como se recollía nas bases reguladoras, cada beneficiario deberá xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo. Posteriormente a esta data procederase á resolución final e ao abono do importe da cantidade concedida. Por outra banda, ata o 25 de febreiro poderase presentar renuncias, ou alegacións á concesión provisional.