Cee | A XII Edición do programa O Mes da Fundación non para

Este xoves 9 de outubro, a partir das 12 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Cee, conferencia de carlos Henrique Fernández Coto titulada «A nosa herdanza cultural». Dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato do IES Agra de Raíces e do IES Fernando Blanco.

Carlos Henrique Fernández Coto é arquitecto pola Universidade de Santiago e Doutor Arquitecto, especialista en Urbanismo e Restauración, pola Universidade da Coruña.

Entre outras formacións de especialización realizou un máster en restauración arquitectónica e a formación reglada de axente da propiedade inmobiliaria.

Traballou como arquitecto municipal da Pobra do Caramiñal ata o ano 1999; foi Secretario Técnico do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia entre o 1999 e o 2009, e dende o 2010 é Director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo.

En canto á súa actividade asociativa e activista promove a difusión e protección do patrimonio cultural, arquitectónico, urbano e inmaterial de Galicia dende diferentes foros e actividades, sendo Presidente da Asociación para a defensa do patrimonio cultural galego APATRIGAL entre outras moitas entidades.

Dende 1988 traballa como arquitecto no seu despacho profesional e en ALFORO, empresa da que é socio cofundador e Director executivo.

Deseñou inmobles en España e Portugal, principalmente edificios corporativos para empresas, así como tamén vivendas tanto en Galicia como en Cantabria, País Vasco ou Madrid.

Merecedor de distintos premios e recoñecementos como por exemplo o Premio Terza na Bienal de Venecia pola proposta de rexeneración urbana do centro histórico de Padua: o primeiro premio pola urbanización en As Burgas, Ourense, ou a Medalla de Ouro Europea ao Mérito no Traballo.

Na charla falarase de como a herdanza cultural galega constitúe un alicerce esencial para a identidade do noso pobo, pois configura unha singularidade cultural propia e sen igual.

A nosa herdanza cultural é, en definitiva, un patrimonio vivo que nos define e une, fonte dun orgullo colectivo e dunha identidade que debemos defender con compromiso e orgullo, e non permitir que se fosilice nin se folclorice.

Related posts

Dous incendios, en Coristanco e Carballo, puxeron en alerta este mércores aos servizos de emerxencia

Red Eléctrica pide medidas «urxentes» ante o risco dun novo apagamento

A Laracha avanza na contratación do proxecto de mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial